lunes, 16 de diciembre de 2013

"V Concurso Literario de Nadal: Poesía". Curso 2013-2014.

É o quinto ano que se celebra o "Concurso literario de Nadal" e este ano tocou na versión de Poesía. Non quixemos perder a oportunidade de mostrarvos a creatividade empregada tanto por alumnos coma por profes.
     Grazas a todos pola vosa participación.

     Esperamos que vos gusten.




martes, 12 de noviembre de 2013

XA ESTAMOS AQUÍ.


Ola a todos!


Comeza unha nova andaina para todos aqueles que queiran "sacar a lingua a pacer".

Quen somos e que facemos?


Somos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Eusebio da Guarda.
Este equipo está composto por un grupo de mestres co fin de fomentar o uso e coñecemento da lingua galega a toda a comunidade educativa do noso centro a través de diferentes actividades.


Por que?


  • Porque temos unha lingua propia.
  • Porque é a lingua de todos.
  • Porque queremos falar na nosa lingua con normalidade en calquera contexto.
  • Porque valoramos o que temos.
  • Porque valoramos a tradición.
  • Porque aprender galego é saber máis.
  • Porque queremos que se poida escoller.

Traballaremos con todos e para todos:

  1. O alumnado é o futuro da nosa lingua.
  2. O profesorado axuda na promoción do galego.
  3. As familias son as portadoras do legado lingüístico do pasado e do futuro.

ESTAMOS NA PROCURA DE QUE FALAR GALEGO SEXA NORMAL!